martes, 31 de maio de 2016

Haikus primaverais VIII

Francisco Rodríguez:



Verde, cor do sol.
Amarelo, cor da herba.
Luz, cor do mundo.

Choiva, vento, sol.
Terra baixo os meus pés.
Terra miña alma.

O noso verde,
xa o pouco que nos queda
vovéndose azul.

Guillermo Fernández Portas:


A natureza,
é Galiza enteiriña
sempre a cor verde.

Só unha árbore
amosa unha ledicia
inexplicable.

Ollando o verde
galego eu decátome
da eternidade.



David García:


Séntome na herba
Vexo margaridas e
comeza o día

A luz da noite
ilumina este noso
escuro día

O vento sopra
os paxaros xa cantan
Comeza o día

Verde carmín
Fresca fragancia
que invade a noite

 

Luna Mouniati:


A natureza,
resplandecente e soa
brillante ella.

Só mirar podo,
cando moves ritmosa
co son do vento.

Ti lúa branca,
amosa como brillas
a esta poesía.

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario