mércores, 24 de outubro de 2012

Presentámonos

Unha das tarefas máis dificultosas á que nos presentamos cada día nas aulas é ao feito de escribir. Non resulta doado ao alumnado crear, reflexionar. Todo iso que lles inculcamos dende a teoría, a coherencia, a cohesión..., non ten sentido se non o levamos á práctica. E desta necesidade nace este blogue, unha fiestra, un caderno que tentará mellorar cada día.
Imparto aulas no IES Pintor Colmeiro de Silleda. Aquí estará o meu alumnado de 3º da ESO, de 4º da ESO e de 1º de Bacharelato. Estarán eles e elas, e o seu traballo cotián.