luns, 30 de maio de 2016

Haikus primaverais VII

Ismael Silva Bardelás:

A natureza é
un mundo increíble
cheo de sorpresas.

As árbores son
tan altas e fermosas
coma unha cerdeira.

Christian Oro:



O sol está no
seu punto máis alto
na primavera

Os parques cheos
de xente correndo cos
patíns azuis

As estrelas son
máis bonitas cá no
outono seco.
 
Sergio Quinteiro Varela:



As margaridas
saben se o noso amor
é  verdadeiro.

O vento zoa
nun aire caloroso.
É primavera!

Pían as merlas,
tamén as andoriñas
e os reiseñores.

Silvia Bruguera Pereiro:


Paxaros no alto
As nubes afastadas
Flores nacendo

Un raio de sol
Rozando a miña pel
Dándome a vida

Que buscas vento?
Aloumiñando as faces
Cos teus suspiros



María Mato Martín:

Sons e aromas
da natureza libre
verde e viva.

Miles de cores
sobre un manto verde
centos de flores

Sons florecendo
dos restos do inverno
vida nacendo



Elena Iglesias:


Saeu o sol
E co sol os paxaros
cheo de berros

Rosas con flor
Camiños do presente
Verán vermello

Nubes e sol
Roseiras con flores
E primaveira

Ningún comentario:

Publicar un comentario