xoves, 26 de maio de 2016

Haikus primaverais II

Raquel García:

Ti,verde da herba,
ti,sopro fresco de aire,
ti, natureza.

Pulmón da terra,
Ti es bela natureza
ti das a vida.

Abatida árbore
polo sopro do  venta
chegou o outono.

Vanesa Lalín:

Sinto os paxaros,
o seu canto fermoso
seu doce son.
Miro ao sol
a súa luz alegra
o verde campo.
Sinto as palmeiras
noto o seu bó olor fresco,
co que eu respiro.

Xosé Manuel Fernández Taboada:

A primavera
sempre roxe con forza
por espertar.

Nascen as árbores,
volven os que marcharon.
Felicidade.

Miles de historias,
fiel amigo carballo
nas túas veas.


Alba García:

As follas danzan
ao compás do vento
todo é silencio.

Voadores sós
mirando dende arriba
cume do mundo.

Raio de sol meu
calor da miña vida
sentimento fiel

Lucía Louzao:
A natureza
é o cantar dos grilos
no verán quente.

As margaridas
son a felicidade
da primavera.

O campo verde
máis as grandes árbores
xogan co vento.

Miguel González Taboada:

A natureza
é tranquilidade e
feilicidade.

Estar en calma
é disfrutar tranquilo
na natureza.

Ollar o ceo
disfrutando a brisa
na herba verde.

Na natureza
tumbado na herba e
escribindo haikus.

Ningún comentario:

Publicar un comentario