xoves, 26 de maio de 2016

Haikus primaverais

O alumnado de 4º da ESO andou a facer haikus para celebrar a chegada da primavera.

Paula Vázquez:

Gústasme ou non
as margaridas dino
só cunha folla.

As anduriñas
gáñanlle a carreira
ó fresco vento.

Coas cerdeiras
tínguese a paisaxe
as gotas caen.

A primavera
concerto dos paxaros
raiolo de sol.


Ánxela Barrio:

As verdes follas
Cheiran a liberdade
A primavera.

As cores vivas
Os paxaros voando
Vento na cara.

Xogo de azar
Pode que el me queira
Pode que non.

José López Fariña:

Vento fresqueiro
golpea nas ventás 
con moita rabia

Na primaveira 
os caraveis pintan un 
cadro vermello

A lúa aluma
coa súa inmensa
esfera branca


Laura Mariño:

Cantan as aves,
silencio inmediato,
corren os cans.


Por aquí vexo
unha folla amarela,
azul o ceo.


Xardín precioso,
un verde queridiño,
fermosas rosas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario