domingo, 29 de maio de 2016

Haikus primaverais VI



 María Rodríguez González:

Árbores verdes
iluminan o campo
dando alegría. 

O vento sopra.
Todo cheo de verde,
e margaridas.

A natureza,
un mundo para soños,
e con vivenzas.             



Noelia Blanco Pájaro:

O ánimo sobe
cando escoitas paxaros,
a primavera.

Chegan sorrindo
uns e outros cando se
namoran todos.

Os trevos teñen
forma de corazón,
alma de amor.

O corazón
latexa ó son rápido
da primavera.
Francisco Javier Rivas Santomé:

 A Primavera,
os paxaros repían
e quenta de vez.

Choiva que marchou
o inverno que xa pasou
xa quenta o sol.

 Xa crecen follas
xa ves, todo toupeiras
tras o descanso.


Alberto Blanco:



A primavera

as flores aparecen
os avós falan.

Os prados teñen
flores, trevos e cardos
e malas herbas.

Nenas e nenos,
os paxaros voando
avós nos bancos.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario