xoves, 26 de maio de 2016

Haikus primaverais III

Carla González Silva:

A natureza
cheiro de brisa mariña
de mañá cedo.

Os paxariños
pían moi doces sons
agarimosos

O vento fresco
agóchase entre as follas
de cor verdosa

Sergio Saavedra:

A natureza
faime sentir moi libre
coma o vento.

Paz, vento, amor,
árbores, natureza,
flores, perfecto.

Baixo a árbore
o tempo veño pasar
e o ceo brillar.
Laura García Moldes:



“Escuridade.

As arbores berrando.

Vento chorando.”



“Aqueles berros,

no bosque esconderon,

a liberdade.”



“Nosos segredos

levounos aquel xílgaro,

voando, lonxe”.

Jorge González:


A natureza
é como unha natureza
de cores e aire.

Deitado na herba
escoítanse os poemas
da natureza.

As cores da árbore
mestúranse co cheiro
das margaridas.

Mentres os mozos
utilizan o móbil
as flores secan.


 
Cristina Costela Seara:

Miro o ceo,
acostada na herba,
faime pequena.


Sento a sombra
Para notar o vento
Acariciarme
 
Chegou o verán.
Os días soleados,
Tranquilidade.


Desexabamos
sentir a primavera.
Páxaros cantan.
 


Ningún comentario:

Publicar un comentario