sábado, 28 de maio de 2016

Haikus primaverais V

Martín Lamas Villanueva:

Coa natureza,
paxaros asubiando,
vento soprando.

Estar tranquilo,
á sombra dunha árbore
co pensamento, só.

Afortunados,
por estar en Galiza,
coa mellor natureza.

Miguel Oro Vence:



Na natureza
respirase  aire puro
baixo o sol.

Sobre a herba
nótase a brisa do mar
contando nubes.

Verde galego
cargado de fermosura
país dos ríos.
 



Noelia García:


A natureza
retrato de mil cores,
sorrisos doces.

Sinceridade,
liberdade do vivir,
amor de nenos. 
Cheiro a libertad,
a dozura á infancia,
cheiro a natureza.

Nerea Álvarez González:



·         A natureza
á sombra da palmeira
gozo do lecer.

·         Cos seus cantos
voando polo ceo
van os paxaros.

·         As margaridas
brancas desde pequeñas
rompen por amor.


Álvaro Diéguez:


A natureza
é vida de anciáns
é de espranza

Na natureza
perdo as miñas tardes
vendo o solpor

Flor de verán
na tarde primavera
ela se esmera 

Ningún comentario:

Publicar un comentario