venres, 27 de maio de 2016

Haikus primaverais IV

Montse Vázquez Fraiz:


Xa sae o sol

as follas móvense,

concerto de aves.



É o sonoro

piar dos paxariños

o que me alegra.



As margaridas,

son elas as que me din

se me quere ou non.

David Díaz:


A natureza
Esa nena de verde
Que crece moito

As herbas bailan
Os paxaros cantando
E ti, co móbil

Nosa terra
Sabemos contaminar
Ata destruir

Alba Ramos Dobarro:

A primavera
trae a felicidade
e sons fermosos.

As andoriñas,
na primavera, traen
sons melodiosos.

Tras a herba húmida,
a natureza queda
resplandecente.

Adrián Matanzas :



Unha emoción

a alegría do día

é a natureza.



O vento sopra

movendo as nosas árbores

con dirección sur.



As nosas árbores

dan vida ao noso mundo,

dan enerxía.

Daniel Gavieiro Suco:

Unha árbore,

que destaca entre todas,

a máis fermosa.

A margarida,
verde, branca, amarela,
na herba aloumiña.

O vento quente,
que fai mover as follas,
peta na porta.



 

Ningún comentario:

Publicar un comentario