mércores, 1 de xuño de 2016

Haikus primaverais IX

 Anxo Gil:


As follas bailan
a auga do río cae
na fervenza gris.



Melodías dos
paxaros vermellos
voan á fraga.



As margaridas
brancas e amarelas son
non teñen cheiro.



Cristian Domínguez Vázquez:

Aparece o sol,
brillando nos seus beizos,
pra namorarme.
Baixo a árbore,
bicando o seu pescozo,
facendo o amor.

Tirados na herba,
ulindo as margaridas,
mirando á nada.

Telmo García:

Un paxaro sol,
Sol de melocotón
Luz,sol, calor

Sonoro son
Verán verán verán
Paxaro sol
Julia Cacheda Couto:
Se chega abril
Co seu gran liderazgo
Fai revivir.

A primavera:
Mil insectos rondando
Aves voándo.

Se pecho os ollos
Sinto o vento na cara
Aves de fondo.


Mario Silva Canda:


A natureza,

a vida máis fermosa

e a máis leda.



As ás da ave,

a sorte e a vida,

só liberdade.



As plantas puras,

son as que nacen libres,

na natureza
 
  
Tania Areán: 

O aire sopla
nacen as margaridas
rosas vermellas.


Cando te vexo
na primavera penso
cando te sinto.


Ráfagas quentes
ceo de cores claras
paxaros cantan.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario