mércores, 21 de novembro de 2012

Sobre a Violencia contra a muller (IV)



Martina Domínguez escribe


Capítulo 16- "O punto e final"


Estaba xa farta, non podía máis. Fisicamente estaba horrible. Tiña o corpo cheo de negróns, cortes, cicatrices, ademais dunha cara con ollos inchados de tanto chorar e o nariz roto. Mentalmente estaba destrozada, a piques de chegar a un punto de loucura do que sabía que non volvería. Levaba xa tres anos aguantando a aquel torturador e cría que non podía seguir así. Era hora de tomar o meu propio camiño, pero, sabía que sería difícil desfacerme del, máis ben imposible, só había unha saída, a morte. E eu non era a que debía quedar sen o privilexio da vida, ao fin e ao cabo, eu era a que soportara paliza tras paliza, tortura tras tortura, día tras día. E porén el, que? El non fixera nada bo, só me amolara tres anos da miña fermosa vida, el si era quen debía morrer.                                                                                                                                                          Ese día, eu comecei unha nova vida xa que foi o día no que cheguei á conclusión de que eu valía a pena. Malia ter unha persoa ao lado dicíndome a cada rato o penosa que era, o pouco que servía e que ninguén me quería, eu erguinme e comecei a cavilar o plan que debía levar a cabo para sacalo da miña vida. Desgraciadamente, a morte estaba nel. E así foi, señor policía, como realmente morreu Marcos Santos Gómez hai seis anos.
Esa mañá sentíame distinta, cunha sensación que levaba anos sen manifestarse en min, tiña ganas de vivir. Levanteime, fixen o almorzo e espertei a Marcos. El berroume por ser tan brusca e por facer un zume demasiado agre. Eu calei pero empecei a sentir como brotaban en min as ganas de coller un coitelo e cravarllo. Respirei, profundo e decidín que aínda non era a hora.
Durante toda a mañá, mentres el traballaba, pensei no crime perfecto e din con el, ou iso cría.
Ás tres e media entrou pola cociña o monstro da miña vida, anoxado porque segundo el no traballo non recibía o trato que merecía e alí estaba eu, a súa muller, a persoa á que desfacer en golpes para desfogarse. Esa vez non me doeu, sabía que sería a última vez que me tocaría e fun forte. Comemos calados, ese día eu tamén comín, creo que foi a primeira vez que sentín apetito despois dunhas labazadas. Pero só porque eu sabía o que acontecería despois.
Si, os tranquilizantes estaban na sopa que Marcos tomou e na auga que Marcos bebeu. Cando espertou alí estaba eu, ríndome e disfrutando a miña vinganza. E alí estaba el, de crequenas nunha silla, coas mans atadas ao igual que os pés, a boca amordazada e cunha soga ó seu espido pescozo.
Respirei, cheiraba o seu medo, vía o pánico nos seus ollos, escoitábao tremer. Sentíame en paz.
Pensei que na súa mente non encontraba o motivo polo cal estaba nesa situación, así que expliqueillo.
Recordo que eran as catro e estiven falando ata que dei por terminado o descurso ás sete e dez.
Unha vez que calei el miroume con terror, e, aínda que non creo que estíbese arrepentido, comprendeu o porqué da súa morte cada vez máis próxima.
Eu deime por satisfeita e saquei a silla de debaixo dos seus pés. El morreu poucos segundos despois.
Entón púxenme un pouco nerviosa, pero, inspirei aire, desatei os seus pés e mans, quiteille a mordaza da boca e recei porque a policía me crera. E así foi, eles só viron un suicidio dun señor que lle pegaba á muller, non tiña fillos, estaba descontento co seu traballo e tiña unha enfermidade de adición ao alcohol. Eu contei tamén unha versión que contiña todos eses aspectos de descontento coa vida que “supostamente” tiña Marcos; que, ben, ao final era todo certo.
E así foi como morreu, mellor dito o asasinei. Todo o mundo que se entere da noticia agora pode pensar o que queira, pero eu non estou tola e só me cobrei o dano que me fixera. E esta, axente, é a miña confesión.


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario