luns, 5 de novembro de 2012

Revisitar os clásicos (V)

Patricia Lázara Framiñán escribe "Bruxa do Oeste":



Estaba o outro día a falar polo móbil coa miña irmá a Bruxa do Este, por se non o sabedes, son a Bruxa do Oeste do país de Oz.

Pois como vos dicía, estaba a falar con ela, sobre o home que coñecera no ximnasio cando  Bum!, sentín un ruído estremecedor e a liña cortouse, eu chamaba por ela, pero non respondía. Chameina varias veces, pero nada. Despois de moito insistir, acordeime que nalgún lugar do faiado tiña gardada unha bóla máxica de cristal que me permitía ver o que pasaba no país de Oz. Logo de moito buscar, atopeina, senteime no sofá e enchufeina á televisión. Comecei a pasar de canle ata que atopei unha na que saía miña irmá, parecía morta, retrocedín uns minutos e puiden velo todo.  A miña irmá fora aplastada por unha casa! Prometín vingar a súa morte.

Avanzando o vídeo puiden ver como saía unha rapaza da casa. Subín o volume, e observei como chegaba a miña outra irmá, Locasta, a Bruxa do Norte, e a chamaba Dorita. Miña irmá, como “boa” bruxa que é, sinaloulle o camiño que tiña que seguir para chegar ata o Mago de Oz, que en realidade é un pallaso, pero en fin.

Seguín a ver como Dorita camiñaba mentres eu cavilaba nun plan para destruíla. Vin como se atopaba cun espantallo, un home de estaño e un león que a acompañaban. Decidín enviar uns cantos Monos Voadores para secuestrala, mentres eu me preparaba un bocadillo. Ós  dez minutos de envialos xa estaban de volta pero sen Dorita, tiñan un medo terrible, creo que colleron un trauma, eu non sabía por que. Seguín a maquinar algo, mentres observaba a Dorita e os seus amigos. Ó cabo dun pouco chegaron onda o suposto Mago de Oz, e el, de parvo, mandoulle que me mataran, eu ríame a mais non poder. Cando chegaron á porta da miña casa, petaron e eu fun abrirlle intentando conter a risa. Decidiron darme unha ducha, botándome caldeiros de auga, non sei que pretendían, pero matarme con auga… Eu, compracinos e desaparecín, fun vivir a Arkansas, lugar do que proviña Dorita. Ela conseguiu volver , non sei como, pero conseguiuno.
E eu sigo aquí facendo plans para destruíla, despois de varios fracasos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario