sábado, 3 de novembro de 2012

Revisitar os clásicos (II)

David Núñez Ouzande 3º ESO - B recrea "Carapuchiña":



Érase unha vez unha rapaciña, que vivía no medio do monte chamada Carapuchiña. A súa avoa vivía máis alá do bosque e eu, o lobo do bosque, vixiaba cada día que lle ía levar a comida a súa avoa.
Sempre me chamaba a atención porque ía cunha carapucha vermella, cantando moi leda. Un día decidín seguila ata a casa da súa avoa e cando ela marchou eu entrei, vin a avoa deitada na cama, boteime enriba dela e comina. Ao outro día, disfraceime de avoa, metinme na cama e chegou a rapariga; viume algo raro e díxome:
-       -Avoíña, que  ollos mais grandes tes.
-     -  Son para verte mellor.
-      - Que orellas mais grandes tes.
-       -Son para oírte mellor.
-        -Que boca mais grande tes (a rapaza asustada).
-       -É para comerte mellor.
E mentres eu estaba todo contento pasou o cazador, escoitounos berrar e entrou, e veume coa barriga tan chea que xa imaxinaba o que pasara, colleu a escopeta e pegoume dous tiros.
Cando aínda non  perecera, escoitei como dicían que me ían abrir a barriga e sacarme a avoa e a rapaza, decidindo deixarme morrer. Pechei os ollos e acabóuseme a felicidade do empacho.


Ningún comentario:

Publicar un comentario