sábado, 3 de novembro de 2012

Revisitar os clásicos (I)

 A proposta en 3º de ESO, recollida do seu libro de Obradoiro Santillana era a seguinte:

  • Escoller un conto tradicional.
  • Escoller o personaxe antagonista.
  • Tentar que este nos dera unha visión distinta da historia.


Lucía García Rodríguez escribe:

Eu andaba merodeando polo monte cando vin a Carapuchiña saír da súa casa. Ela empezoume a perseguir cun gran cesto de pedras na man. Saín correndo para refuxiarme na casa da súa avoa. Eu advertina e a señora non me fixo caso, polo que tiven que encerrala no baño. Rapidamente puxen o seu camisón azul e metinme na súa cama. Carapuchiña entrou na casa e achegouse a min. Eu abrín a miña boca coa intención de meterlle medo a nena. Tal medo colleu, que tirou o cesto e marchou correndo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario