xoves, 1 de novembro de 2012

Sobre a Violencia contra a muller (I)

A proposta foi reflexionar sobre este tipo de violencia, no formato que o alumndo quixese.

Andrea Fernández Ramos, de 3º de ESO escribiu un poema:

Cesaron os berros,
remataron os golpes,
desapareceron as pelexas.
Xa se acabou todo,
xa non escoito o que me dis,
xa non sinto o que me fas.
Voume tranquilamente
sabendo que non volverei,
sabendo que estarei  nun lugar mellor.
Non hai máis sufrimento,
non te volverei ver,
nin a ti,
nin a ninguén.
Eu son un corpo
tendido no chan,
son o reflexo da túa furia,
son unha morea de golpes,
golpes que ti me deches
e agarimo que non me quixeches dar.
Son todo iso e moito máis.
Pero o que non son...
xa non son alegría,
xa non son amor,
xa non son vida,
xa non son nada.
Ti convertíchesme en nada,
porque me enganaches,
porque me dixeches que me querías
e todo era mentira.

Ningún comentario:

Publicar un comentario