martes, 26 de novembro de 2013

O Prestige

Isidro Gil Pallares reflexiona sobre a sentenza destes días no caso do "Prestige":


Segundo os nosos representantes políticos, o que de primeiras eran "unos hilitos como de plastilina" e un "está todo controlado". Rematou en:
 Unha estela negra, logo de ser remolcado mar a dentro onde se partiu en dúas metades, arroxando ao mar 63 mil toneladas de cru. Tinguindo 1600 km de costa, dende Portugal ata as costas francesas, quedando a maior parte na costa galega. Milleiros de persoas saíron as rúas a protestar logo desta catástrofe irreparable (afectando á biodiversidade e aos ecosistemas mariños en magnitudes catastróficas, que aínda a día de hoxe quedan neles síntomas do acontecido), pedindo responsabilidades.
 Isto afectou a mais de 30 mil pescadores, que se puxeron a recoller ata coas mans o denominado chapapote.Tamén se concienciou gran parte da sociedade e así os pescadores contaron coa axuda de mais de 65 mil voluntarios, para salvaren as nosas costas. Recolléronse mais de 90 mil toneladas de residuos. Os pescadores tardaron 8 meses en volveren a faenar.
 E para colmo hai uns días, quedaron todos os presuntos responsables libres de cargos con respecto á catástrofe (excepto o capitán, que debeu ser un dos menos responsables; foi sancionado ridiculamente por desobediencia a un dos principais responsables da catástrofe).
 Polo tanto non foi raro oír en Galicia, frases coma estas:
 -"Aquilo era limpar, volver a limpar,..."
-"O de sempre, aquí os políticos lavan as mans, ninguén paga nada e quen paga é o traballador." -"Este xuízo paréceme unha bobada, unha parvada, un paripé."
-"Inda que para o xuíz non haxa culpables, para nos, os mariñeiros, si os hai.
Os culpables son os de terra que organizaron o afundimento do barco, sobre todo os políticos."
 Xa que eu como galego e como supoño que a gran maioría dos que sentimos pola nosa terra, nos pareceu unha autentica falta de respecto este xuízo, despois do moito que se loitou e se perdeu. Simplemente foi unha burla, unha ofensa, ríronse de nos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario