xoves, 21 de novembro de 2013

Descrición

Mariña Castro:

"A soidade, esa dama gris ataviada cun velo difuso de recordos"

Esa señora que ironicamente nos acompaña cando estamos tumbados na cama pesando. En que pensamos? Nela, xustamente. Sendo conscientes de que está aí, de que estamos sós, veñen á nosa mente infinidade de pensamentos.
Complexos e debilidades agroman irremediablemente dun recuncho da nosa mente. Ese recuncho escuro e con algunha arañeira no que vive a soidade, botado bafo para quentar as súas frías e pálidas mans.
Realmente estamos sós sendo a soidade unha compañía?
Ela é a que te xulga máis duramente.
Ela é a que evoca as bágoas.
Ela rexorde no teu interior aínda que haxa mil persoas ao teu arredor.
Algúns témenlle a esta meniña, rolda polas cabezas da xente o medo a verse sós. Queridos! estades sós todo o tempo! Non compartides a vosa vida con ninguén, e abandonarédela nos únicos brazos du negro absoluto.
Laios errantes nas nosas cabezas cando nos visita esa nena soidade.
Hai que aprender a non temela, a tenderlle a man, a secarlle as bágoas, a recibila e saudala. Se a soidade vén, será porque necesita da nosa compaña.
E nós necesitámola a ela. Que sería de nós se estiveramos todo o tempo acompañados? Sentiríamos a crueza de non coñecernos a nós mesmos.
Soidade é así, etérea, doce e amarga, bailará agochada un vals sen compañeiro na escuridade dos nosos pensamentos.
Ata que un día o noso corazón pare e se quede completamente SOA.

Ningún comentario:

Publicar un comentario