domingo, 24 de novembro de 2013

Descrición (III)

Mª Eugenia Gil Pallares:

Un amiguiño de madeira

Ao entrar na miña habitación, todas as olladas van a el. Será pola ausencia de vida? Pola paz que transmite? Non sei, pero o caso é que un pequeno bonsai que habitaba no meu cuarto chama a atención de todas as visitas. Está pousado nunha macetiña dunha cor azulada con pintas negras. Como mencionei antes, esta árbore actualmente carece de vida dentro dela, pero a humidade produce que minúsculos mofos crezas ao seu arredor. As súas raíces sobresaen algo da terra, o cal lle dá un toque particular. O seu talo é pequeniño e curto, e un chisco enrevesado. Del saen oito póliñas que destacan entre as outras. Centos de follas, de cor marrón, sobresaen de pequenas ramificacións, xurdintes das oito ramiñas principais. 
A min, en particular, este bonsai prodúceme unha lixeira sensación de tranquilidade en momentos de verdadeiro estrés e nerviosismo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario