mércores, 20 de novembro de 2013

Rematar un relato

Desta volta o alumnado tiña que rematar un texto que comezaba así:

A paz foi estremecida por un rebumbio de badaladas


Mariña Castro seguiuno deste xeito:

Escoitábaas fortes na súa cabeza. Tamén oía á súa nai chorar. Formouse a imaxe e avistou a igrexa da vila cun feixe de persoas. As bágoas asologaban os rostros das persoas de loito.
- Veña, estás sendo demasiado positiva. Cando morras cres que de verdade chorarán por ti? Cantas se alegrarán? Dime.
Imaxineime entón no chan sangrando polos cortes en brazos e pernas, morta, rodeada de xente con ollos secos e caras de decepción, case noxo.
- Ben, moito mellor, se cadra nin sequera se molestan en darche funeral, total, a quen lle importas? Ninguén te estrañará.
- Cala xa -bisbou a rapaza.
Cando se convertera niso? Nunha especie de monstro que vive na escuridade devorada polos complexos? Onde quedara a rapaza que ría por todo e estaba convencida de que cando medrara ía triunfar? Estaba esnaquizada polos demais, pola vida e por ela mesma. Un baleiro no estómago, a mente saturada de pensamentos suicidas e os ollos inchados. Era o que quedaba dela. Non lembraba o que era mirarse a un espello e quererse, non recordaba como se sentía a ledicia.
Colleu a fría e afiada coitela, era o único medio de rematar coa dor, de frealo todo. Estaba tan cansa de rasgar as veas, de extinguirse xa... Entón deuse conta do que facía, ela estaba sendo débil e non quería, sempre anhelou a vitoria contra a debilidade. Rompeu a chorar e soltou a coitela enfadada. Alzou a cabeza aínda chorando e pensou: "non me enganará ninguén, nin sequera a morte..."


David Cabaleiro escribe:

Rosalía e eu eu fomos correndo comprobar o que pasaba, pero coma todas as outras veces, non había ninguén.
Xa lavamos tempo, quizais demasiado, tentando resolver ese caso, pero non hai maneira. Cada vez que soan esas campás imos correndo a ver que está pasando, o único que atopamos son absurdas noites en branco. Ao mellor deberiamos rendernos...
E xusto iso iamos facer cando algo moi curioso ocorreu. Un tímido raio de sol que penetraba pola xanela impactou directamente na nota que sostiña Rosalía, deixando entreve unha mensaxe: "Se queredes descubrir quen son en realidade, acudide esta noite ao Cemiterio da Soidade".
E así o fixemos. Esperamos a que caera o telón da noite e encamiñámonos cara ao camposanto.
Non maxinaredes nunca quen estaba alí, e de feito, se queredes sabelo, teredes que ir vós mesmos ao cemiterio para acadar unha resposta.
Síntoo moito, pero como ben sabedes para un detective profesional coma min, o segredo do sumario é inamovible: os casos están clasificados.

Juan Ares remata así:

Ese son infernal que lles recordaba a todos os habitantes da vila aquel tráxico día. Aquel fatídico instante, aquel horrible momento. As badaladas seguían soando. A xente estremeceu, chorou, tentou esquecer. Pero todos sabían ben que ese recordo era indeleble, como un pesadelo que non che deixa durmir polas noites. Finalmente, cando as campás da igrexa deixaron de soar, todo volveu a ser máis tranquilo, volveu de novo a paz. Aínda que xa non existía diso, a chamada "paz". Pois aqueles nenos non se merecían nada do que lles pasara. Nada. E a Nada invadiuno todo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario