sábado, 23 de novembro de 2013

Descrición (II)

David Cabaleiro Otero:

Morriña

Quen nunca se afastou da súa terra? Quen nunca atravesou medio océano deixando atrás os máis ledos recordos da súa nenez? Queiramos ou non, todos imos vivir algunha vez esta situación: pechar os ollos e deixar atrás unha vida.
Unha vez que a túa terra natal queda de lado, é coma se che faltase algo, coma se estiveses incompleto. Xa non podes contemplar dende a xanela os verdes pastos, os tímidos regatos, xa non se escoita o cantar dos paporroibos, o bruar dos ventos...
E baixo bágoas de nostalxia desexas volver atrás, xirar o reloxo en sentido contrario e regresar ao fogar, ese que te acolleu baixo os seus brazos dende o primeiro momento. Pero por algún motivo, unha cadea invisible sostente, impedindo que corras de volta. Miña patria querida, meus belos recordos, miña nai Galicia, pronto nos volveremos ver!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario