O que non son é ordeada, nin teño
unha deslumbrante intelixencia,
e moito menos son unha persoa atenta.
En definitiva: non son un exemplo
a seguir, unha adolescente
modelo da miña xeración.
O que non teño son grandes
riquezas.
Non teño ideas que me farán
millonaria.
Non teño medios para arranxar
todos os problemas que quero.
Non teño o control do tempo.
O que non quero é sentir agobio
ou preocupación.
Non quero sufrir polas miñas
decisións.
Non quero xente contaminada ao meu
arredor.
Aquilo que non me gustaría sería
non volver ver o alborexar. Non me gustaría converterme naquilo que odio. Non
me gustaría cambiar
por alguén.
Pero faría calquera cousa por ser
invisible ás veces. Gustaríame voar, e debuxar durante 24horas. Gustaríame
volver a momentos sinxelos, pero únicos,
onde coñecín a felicidade.
Quero mellorar, persoal, e a
nivel artístico.
Quero viaxar a lugares que nunca olvide.
Pero que teño?
Teño as mellores persoas ao meu
lado.
Teño gañas.
Teño pernas para correr ata onde
aguanten.
Que son?
Son o que somos todos, un cúmulo
de erros intentándoo facer o mellor
que ser.
Son un gran deserto no medio da
tormenta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario