sábado, 11 de xuño de 2016

O que non son 3

Ánxela Barrio:



O que non son:
Non son unha barbie que non sae da súa caixa.
Non son alguén para admirar.

O que grazas a deus non son:
Grazas a deus non son monótona.

O que definitivamente non son:
Definitivamente non son tranquila.

O que non teño:
Non teño nin idea de que me deparará o futuro.

O que non quero:
Non quero chamar a atención entre a multitude.

O que non querería:
Non querería ter que dar o primeiro paso.

O que non me gustaría:
Non me gustaría perder o que teño.
Non me gustaría volver pasar por algunas situacións.

O que son:
Son alguén con ganas de prosperar.
Son unha bolboreta perdida nun campo de margaridas.
Son eu mesma!

O que teño:
Teño ganas de comerme o mundo.

O que tiven:
Tiven un formigueo polo corpo.



O que quero:
Quero conseguir cousas por mérito meu.
Quero igualdade entre todo o mundo.

O que quixen:
Sempre quixen que funcionara.

O que me gustaría:
Gustaríame voar e non volver xamais.
Gustaríame volver atrás no tempo.
Gustaríame pilotar o meu propio avión como a miña vida.

Ningún comentario:

Publicar un comentario