domingo, 12 de xuño de 2016

O que non son 5

Carla González Silva:

O que non son...
unha raíña de conto,
non son muller obxeto,
non son de ninguén

O que non teño...
intención de lastimar,
de pelexar,
non teño preocupacións.

O que non quero...
as guerras no mundo,
non quero violencia,
non quero a ninguén que me controle.

O que non me gustaría...
que me comparen cos demais,
non me gustaría perder o tempo,
non me gustaría perder as ilusións.

O que teño...
é unha familia que me quere,
uns amig@s fantásticos,
e teño moitos soño por cumprir.

O que son...
unha rapaza tranquila,
son agarimosa,
pero sobre todo son eu mesma !

Ningún comentario:

Publicar un comentario