domingo, 9 de decembro de 2012

Neotrobadoras

De paso que estudamos a Literatura Medieval, convertémonos en poetas:

Ana Colmeiro Corral:



Ai naiciña, deixádeme ir velo
que se non morro co sentimento.
                Quero o meu amigo.
 
Ai naiciña, deixádeme ir telo
nos meus brazos coma un neno.
                Quero o meu amigo.
 
Que se non morro co sentimento
e nunca máis esperto.
               Quero o meu amigo.
  
Nos meus brazos coma un neno
coma antes de ti sabelo.
                  Quero o meu amigo.



Cervos do monte verde
buscade o meu clemente.
               Ai, o amigo.
 
Cervos do monte escuro
buscade o meu conxuro.
               Ai, o amigo.

Buscade o meu clemente
e decídelle suavemente.
                Ai, o amigo.
 
Buscade o meu conxuro
e traédemo aquí a Lugo.
                 Ai, o amigo.



Andrea Fernández Ramos:



Estaba eu na beira do río,
pensando onde estaría o meu amigo,
que me dixo que ía pescar
que me dixo que pescar ía.

Estaba eu na beira do río,
pensando que faría o meu amado,
que me dixo que ía pescar
que me dixo que pescar ía.

Non sei onde o meu amigo foi pescar,
non sei qué meu amado pescar foi.
 


Sonia Framiñán González:



Meu amigo, meu amigo,

anda, vente que imos falar,
hai moito que non te vexo,
quen che me dera poderte mirar !

Meu amigo, meu amigo, 
anda, vente a conversar, 
sentarémonos xuntiños
na praia á beira do mar,
quen che me dera poderte mirar !

Meu amigo, meu amigo,
anda, que te quero escoitar,
ondas que nos separan
que xa nos volvan a xuntar,
quen che me dera poderte mirar !

Meu amigo, meu amigo
anda, que che vou preguntar,
se aló por onde andas
sentes paxaros rechouchear,
quen che me dera poderte mirar !

Meu amigo, meu amigo,
anda, que me vas contar,
se este ano na fraga
por fin nos podemos xuntar,
quen che me dera poderte mirar !
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario