domingo, 2 de decembro de 2012

2º de ESO e a poesía



Este mércores 28 de novembro tivemos a deliciosa visita de Ledicia Costas, quen nos falou do seu libro Unha estrela no vento (que non "no ventorro") e de Montse Pena, qu
en nos impartiu un obradoiro de poesía. Grazas a ela descubrimos o talento literario-poética dunha parte do noso alumnado.



David Cabaleiro e Rebeca García escribiron:
A poesía é coma a chuvia que o empapa todo
A poesía é unha sandía, porque tamén é refrescante
A poesía é un leopardo feroz e refinado
A poesía é unha enredadeira que trepa e trepa por un valado
A poesía son dous ollos que miran fixamente
A poesía é un luquefusque, que cando remata chega a noite
A poesía é unha camisa de forza que ao poñela non se pode tirar
A poesía é coma o mar, que por todo se extende
A poesía é un espello no que te podes reflectir
A poesía non ten cor, é transparente
A poesía é  un carpinteiro que constrúe sen parar
A poesía sería unha nai que te acolle nos seus brazos
A poesía é  a droga máis aditiva do mundo.



 Helena Pereiras, Andrea Pérez, Ana Cuíña e Belén Ansedes din:
Se a poesía fose un sabor sabería doce
Se a poesía fose unha árbore sería unha sobreira
Se a poesía fose unha parte do corpo serían os ollos
Se a poesía fose unha época do ano sería o verán
Se a poesía fose un animal sería un cabaliño de mar



Camila Moreno, María Izabela Bemica e Noelia García:
Se a poesía fose un sabor sabería a pan
Se a poesía fose un animal sería un leopardo
Se a poesía fose unha flor pareceríase a un tulipán
Se a poesía fose unha parte do corpo serían os beizos
Se a poesía fose unha época do ano o outono sería o axeitado




Eugenia, Carla, Marta e Rosalía escribiron:
A poesía sabe a sandía fría
Se fose un animal sería un porco espín chamado Serafín
Un narciso sería se falamos de poesía
Se a poesía tivese vida polos ollos miraría
Se a poesía fose un rei mago chegaría no momento apropiado
En inverno naceu a poesía porque é unha época moi fría




Celtia, Mariña e Carmen escribiron:
Se a poesía fose un sabor gustaríame que soubese a doce vainilla
Se a poesía fose un animal sería un delfín sen confín que espresase a liberdade
Se a poesía fose unha bela flor nun xardín de soidade sería violeta

Ningún comentario:

Publicar un comentario