martes, 6 de novembro de 2012

Sobre a Violencia contra a muller (III)

Ana Colmeiro Corral, alumna de 3º ESO - A escribe:

Consello a Lola



            Acórdome perfectamente dos días nos que descutían meu pai Xurxo e miña nai Lola. Miña nai era un anxo. Se por ela fose non discutirían. Pero meu pai...era o meu pai. Eu non lle quería nada. Mallaba en nós decotío, día si día tamén. Viviamos  na casa vella, dos avós, e tiña unha taberna ó lado. A taberna, principal tema de discusión. Meu pai volvía bébedo todos os días á casa, e miña nai, como era un anxo, esperábao esperta. Despois eu poñía o oído na porta, aínda que non facía falta, oíanse os berros dende a aldea veciña, e escoitaba como o meu pai lle chamaba a miña nai de todo. Logo, oíase o cinturón saír do pantalón e eu corría á cociña e poñíame diante da mamá para que non batese nela. Pero o cinturón do papá batía en todo. Mallábanos ata quedar sen folgos, e a miña nai, como era un anxo, levábao ás costas á cama. Pobre mamá. Ía sangrando todo o camiño pero ela aguantaba. Cando xa se oían os ronquidos do papá na cociña, aparecía mamá, para aguantar os choromiqueos que eu facía. Se o papá espertaba con eles, volvería. E así, día tras día, noite tras noite. Pero un día bateu tanto en mamá, que a coitada quedou mortiña no sitio. A miña mamá, tan boa como era nunca lle dixera a ninguén que o papá mallaba nela. Aguantou e aguantou ata que non puido máis porque miña era unha anxo.
            No enterro chorei máis ca en todas as veces que o papá mallara en nós. Despois eu fun vivir coa tía Luísa e co tío Xulián. Nesa casa ninguén lle pegaba a ninguén.
            Estudei administrativo e agora traballo nunha empresa. Ós trinta anos casei coa miña muller, Margarida, e tivemos unha filla. Por suposto eu non lle pego a Margarida. Aínda que ás veces chámolle parva e insúltoa, pero iso non é maltrato. Outras veces dígolle que a comida sabe mal e que non sabe nin cociñar, pero iso non é maltrato. Ademais dígolle que non a quero e que casei con ela por pena, pero iso non é maltrato. E tamén lle digo que non vale para nada. É maltrato? Non.
            Agora, dicíndoche isto, benquerida filla miña, vouche dar un consello: non sexas parva, e se ves que o teu marido é coma o meu pai Xurxo, anteponte a él. Eu souben non ser coma el, ou alomenos iso me di Margarida: “Menos mal que atopei un home tan bo coma ti, porque co parva que son necesito que alguén me poña as cousas no seu sitio”. Velaí foi o meu consello.
            Ante todo, pero ante todo, sé un anxo Loliña.

Ningún comentario:

Publicar un comentario