sábado, 7 de outubro de 2017

Por que protestamos?



Grazas á compañeira Ester que trouxo innovadoras ideas para achegar a nosa Literatura e a nosa Historia a 4º de ESO, o alumnado deste nivel comezou a escribir poemas de dúas estrofas nos que había que reivindicar algún tema, protestar polo que eles e elas quixeran. Para isto, só contaban con 15 minutos. E os resultados foron, nalgúns casos, sorprendentes. 


(violencia de xénero) (Noelia, Sara, Adrián, David de la Torre)
O pobo berra de rabia
el soamente reclama.
Entre eles hai unha dama
co corazón cheo de mágoa.                                      

Coma ela moitas máis
un corpo orfo de ás,
os seus beizos que foron de flor
agora só senten furor.


(touros)    (Carlota, Daniel, Hugo, Lorena)
Nunca é necesaria a Morte!
Por moi pequeno que sexa o corte.
A súa vida sempre termina
porque a xente é unha asasina
                                                                                                  
Vestidos con traxes de luces
que nunca relucen
Polo sangue dos inocentes
que eles non senten


(eucaliptos) (Alba, Fran, Valeria, Iker)
Por que destruír Galicia?
Por que hai esa malicia?
Por que plantar eucaliptos
en vez de castiñeiriños?                                                                       
Para que cometer eses delitos
plantando tantos eucaliptos?
Cando perdamos a nosa terra,
pensaremos, "quen nola dera"???

Ningún comentario:

Publicar un comentario