xoves, 30 de abril de 2015

Ensalada de sentimentos



De Anxo Gil:

INGREDIENTES:
  • Un pouco de indiferenza
  • 100 g de rancor
  • Unhas gotas de avaricia
  • Unha presa de maldade
  • Un petisco de egocentrismo
  • Unha rociadura de discriminación
  • Uns pedazos de carne
PREPARACIÓN
Collemos os pedazos de carne e engadímoslle 100 g aproximados de rancor, removéndoo e engadíndolle egocentrismo para que o prato colla forma. Unha vez feito ese proceso, engadímoslle maldade troceada. 
Deixámolo cocer a altas temperaturas; mentres tanto, creamos a salsa, xuntando unhas gotas de avaricia cun pouco de indiferenza, e unha vez acabada a salsa engadímola ao cociñado. Como último paso, rociamos a ensalada con discriminación. Así se fai a sociedade actual.

Ningún comentario:

Publicar un comentario