mércores, 29 de abril de 2015

Ensalada de sentimentos

De Alba García:




Ingredientes:

·         1 cunca de amor
·         2 cuncas de confianza
·         500g de optimismo
·         700g de comprensión
·         10 follas de imaxinación
·         1kg de humildade
·         1 ramiña de diversión


Preparación:

Primeiro collemos un bol onde imos botar unha cunca de amor e as dúas de confianza; isto aportará un toque romántico.
Por outro lado preparamos a base da ensalada cunha ramiña de diversión e as dez follas de imaxinación.
A continuación collemos o resto dos ingredientes para preparar o contido da receita. RECORDA: hai que pasalos por auga para que a maldade, a dor, o aburrimento e a tristeza non nos estraguen a ensalada.
Por último, collemos o bol de antes, pasámolo pola batedora para conseguir un condimento ben homoxéneo, por outro lado poñemos por riba da base, os ingredientes lavados e cortados anteriormente, a continuación engadímoslle o noso condimento romántico e finalmente acompañamos esta ensalada cun batido de felicidade. Espero que a preparedes, e que ao cómela estes ingredientes fagan da vosa vida un sentimento.


Posibles preguntas:

·         Non consigo atopar as dez folliñas de imaxinación?
 A maneira máis doada de conseguila e poñerte a ler un libro, seguro que terás moitas máis ca dez.



·         E se lle poñemos un chorriño de relaxación?
Non será unha ensalada tradicional, pero a innovación está moi valorada no tema dos sentimentos.



·         Cal é a mellor forma de servir esta ensalada?
Soa está ben rica, eu apostei polo batido de felicidade, pero esta perfecta acompañada cunha bóla de xeado de satisfacción ou unha culleriña de intriga.



Ningún comentario:

Publicar un comentario