mércores, 29 de abril de 2015

Biscoito de sentimentos

De José Fariñas:



INGREDIENTES:

- 500g de creatividade

- 250g de ilusión

- 1/2 litro de paixón

- 1 sobre de alegría

- Media ducia de cariño

- 300g de morriña


PROCEDEMENTO:

  O primeiro é coller un parágrafo e verter nel as claras do cariño, para logo batelas ata que estean a punto de neve. Noutro parágrafo, bátense as xemas do cariño coa ilusión e o sobre de alegría, a medida que lle imos vertendo o medio litro de paixón. Unha vez feito este paso, as claras a punto de neve acompañado dos 500g de creatividade.

   A continuación baleiramos a mestura nun texto grande e metémolo na imprenta trinta minutos a 270 signos de puntuación.

    Finalmente, servímolo frío para comelo con morriña.

Ningún comentario:

Publicar un comentario